Palabras de Amauta

Monday, March 14, 2011

ON RAGLAN ROAD (PATRICK KAVANAGH)




En Raglan Road nun día de outono coñecina por vez primeira e souben

que o seu escuro cabelo podía tecer unha trampa na que probablemente algún día eu laiaría;

vin o perigo, nada máis caminar polo encantador camiño,

e dixen, déixenme doerme de que fun unha folla caída na amencida.

En novembro en Grafton Street tropecei suavemente nun saínte
da profunda buraca onde pode ser visto o valor do compromiso da paixón,

A Raíña de Corazóns inda facendo tartas* e sen seiturar eu –

Ouh amei eu moito, é por iso, é por iso que tirei a ledicia ao lixo.

Agasalleina con pensamentos, deille o sinal secreto iso é ben sabido

para os artistas que coñeceron a verdade dos deuses do son e a pedra

e a palabra e o matiz. Non escatimei en lle dar poemas para recitar

co seu propio nome e co seu escuro cabelo coma nubes sobre os campos de maio.

Nunha queda rúa onde as vellas pantasmas se atopan a miro camiñar nestora

lonxe de min, a bulir, a miña razón debería asumir

que fixen non como debería as beiras a unha criatura de arxila –

Cando o anxo percura a arxila pode perder as súas azas na amencida.



(*) “facer tartas” interprétase coma insinuarse


Traducido do orixinal en lingua inglesa por Amauta Castro

Girona, 14/03/11

amautacastro@hotmail.com

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis