Palabras de Amauta

Sunday, June 28, 2009

UXÍO NOVONEYRA (E III)



Pés na terra e ollos na brétema
ou ollos na terra e pés na brétema

Desamparo emigrante
igual pra unha mueca desgarrada
que pra un silencio discreto

Uxío Novoneyra (en Poemas da doada certeza i este brilo premido entre as pálpebras)

Vaia este poema emigrante para os que sostivemos a candidatura de Uxío Novoneyra para o Día das Letras galegas de 2010. Vaia o Día das Letras para quen escribiu o guión (en forma de artigo de xornal) para a "volta" á terra de Castelao e para quen nos amosou o mundo Beat e o isolamento fermoso de María Mariño, os caligramas xigantes da súa letra ampulosa e frenética, e para quen espertou ao pobo da Vella Gallaecia coa heroicidade de Viet Nam.

Uxío Novoneyra é parte viva da miña historia poética desde adolescente. Acoden de contino poemas del ao meu pensamento case diariamente e inda devezo por lle deixar un poema en Parada de Moreda. Sirva namentres, este sobre escrito ao seu nome, cun remetente estraño que chega desde terras do leste.

Non a forza do noso amor non pode ser inutle!

Amauta Castro
Girona 28/06/09

Tuesday, June 23, 2009

VOLVENDO AO REGO...(SÍNTESE DE PENSAMENTOS)



Manternir-se escèptic forma part d’un sentiment
d’orgull, perquè, malgrat els avanços tècnics, quan
ens referim al coneixement com a tal, succeeix
que ignorem moltes coses més que no pas sabem.


Joan Brossa (poeta, dramaturg, etc. català)

Tralos días incertos de mudanza e afonía. Si, perdín a voz por casesque 4 días. Agora que no novo (e temporal) piso temos balcón e escoitamos os xogos dos nenos, aproveito para retomar a bitácora e facer un pouco de síntese do pasado nestes días e da axenda dos seguintes. Si, como diría un cantautor que eu me sei “es el colmo de la vida contar lo que nos pasa”.
Este verán acompañaráme o polifacético Joan Brossa (xa pasei pola Casa de Cultura para aprovisionarme de libros) do que deixo boa proba no inicio deste post. E é que se trata dun dos moitos poetas/creadores (en sentido amplo) cataláns cos que me identifico en non poucas cousas.
Terei tamén como boa convidada a exposición de Kees van Dongen que anda por terres barcelonines, e da que darei boa conta en canto teña algo de tempo. Pois, mira ti, fun tamén convidado por unha boa amiga a pasar polo AFRICAT de Salt (Girona), no día de Burkina-Faso (terra soñada por min). Un festival sobre as culturas africanas e dirixido especialmente a popularizalas no contexto actual de recepción de inmigración africana nas comarques gironines. Así que niso andarei, entre clases de xaponés e actos de diversa índole (cinema, concertos, noites á fresca...) que supoño que se completarán no Día da Patria celebrado tamén na xigante BCN.

Iso para o futuro. Do pasado dicir, que de sobra em plau dicir que malia apoiar no anterior post a participación da CUP no parlamento do Principat de Catalunya, non estivo mal de todo ver como o devandito movimento político vai madurecendo e toma decisións por si propio, malia reter as ínfulas dalgúns incondicionais (entre os que me atopo). Queda dito, a CUP decidiu non presentarse ao Parlament. Mais gostei da decisión na súa forma. Para máis información recomendo ir á fonte directa.
Alén diso, non me deixa indiferente o acontecido na Folga do Metal de Vigo e tamén nas rúas de Teherán. Sucesos estes, marcados polas leituras mediáticas. Pola banda de Laíño, o de sempre moito varumbio e pouca repercusión, e pola de Lestrove moita repercusión porque lles peta a eles que así sexa. Conclusión: no meu País xa poden facer os movimentos sociais o que for que o silenzo terminal agocha as verdades máis sinceras cos seus monopolios monologados.

Escoitarán no mundo a voz que me aloumiña?

Amauta Castro
Girona, 23/06/09

amautacastro@hotmail.com

Thursday, June 11, 2009

APOIO DE NOVO UNHA INICIATIVA POLÍTICA QUE SINTO MOI PERTO



É tempo de lle dar un pouco de folgos a todas as inciativas políticas anticapitalistas de todo o mundo. Se hai pouco apoiaba a candidatura de Iniciativa Internacionalista- A solidariedade entre os pobos, tamén non deixaba de dar azas aos sentimentos dos indíxenas da amazonía peruana. A cousa vai quecendo e collendo trazas vermellas alén e aquén dos mundos que pluralmente poboan este pequeno planeta.

Isto non ía ser menos dentro da miña Ciutat, da miña Comarca, e da miña Patria de Residencia que son os Países Cataláns. Para eles, para nós, camiños de unidade, reunificación nacional, e loita contra a opresión en todas as súas formas.

Reproduzo o manifesto...



CALEN NOVES EINES PER AL POBLE CATALÀ...VOLEM QUE LA CUP ES PRESENTI A LES ELECCIONS AL PARLAMENT!


La nació catalana es troba en una cruïlla històrica a nivell polític. Som cada vegada més les persones que, de Fraga a Maó i de Salses a Guardamar, gosem albirar un horitzó de justícia i de llibertat per al nostre poble. Un horitzó que va molt més enllà dels estrets límits de la monarquia espanyola i de la república francesa.
Malgrat segles d’espoliació i opressió, el nostre poble, tossut i digne, ha sabut articular un teixit social actiu i compromès, que ens ha permès mantenir viva la flama de les llibertats. Després d’anys en què l’autonomisme ha demostrat ser un carreró sense sortida, el nostre objectiu ja no pot ser embellir els murs de la presó, sinó construir la llibertat. Ara toca encetar un nou viatge que només pot tenir un rumb: la plena llibertat de la nació catalana. I aquest viatge, agafarà més força amb noves naus, alliberades del llast del conformisme i de les renúncies, i plenes a vessar d’anhels i d’il•lusions.
L’actual situació social i nacional catalana, amb una crisi del model econòmic que afecta la major part de la població, amb uns conflictes de competències anquilosats en les negociacions d’estatuts, finançaments i contrapartides amb els representants de l’Estat espanyol i amb la sensació general d’apatia que pateix el nostre poble respecte dels actuals actors polítics, obliga a moure fitxa pel futur del país. Per responsabilitat democràtica i per a recuperar l'energia i el compromís de les catalanes i dels catalans, considerem necessari:
Recuperar el paper reivindicatiu dels actors polítics del nostre país.
L’entrada de saba nova i una nova manera de fer política fins ara inèdita en les institucions.
Ampliar el ventall de possibilitats de vot nacional a les properes eleccions.
Estendre i potenciar l’assemblearisme com a forma democràtica d’execució política.
Obrir el programa i l'acció política institucional a agents de base, socials, populars i ecologistes.
En aquest punt, doncs, entenem que una formació com la Candidatura d’Unitat Popular, pot ajudar a Posar fi a la desorientació i frustració que pateix part de la ciutadania catalana, i en concret part del sobiranisme, amb l’actual situació política i que podria provocar un desencís en les properes eleccions autonòmiques, amb la consegüent abstenció.
Des d’aquestes ratlles, encoratgem la Candidatura d’Unitat Popular (CUP), a no quedar-se d'observador i a assumir la responsabilitat històrica d'esdevenir una eina de transformació política real, que ajudi i complementi el camí de la llibertat de la nació catalana.

Per la terra, pel treball i per les llibertats,Pels Països Catalans...La CUP, al Parlament!


Monday, June 08, 2009

ONDE ESTÁ VARGAS LLOSA?



Algúns son tan afoutados que quixeran ser coñecidos polo mundo enteiro
Blaise Pascal (matemático-filósofo francés)

Penso que foi hai xa uns anos, na miña primeira incursión en París que nun quiosco perto de Sainte-Geneviève puiden mercar algo de prensa madrileña (por aquelo de non perder comba das novas do reino). En concreto, El País publicaba un artigo de Vargas Llosa que falaba do que para min era o acto omnipresente daquel meu París, o centenario de Jean Paul Sartre. O caso é que o absurdo mediático do descoñecemento esgrimido polo aquí agraviado Vargas Llosa deixaba cair as súas malignas verbas sobre o homenaxeado Sartre. Dicir sobra que días despois de visitar eu en Montparnasse o leito do propio Sartre e de Simone de Beauvoir, o devandito artigo proeume duro nos pilares máis básicos do humilde coñecemento deste aspirante a ilustrado que eiquí fala.

O odiado amigo Vargas Llosa, aspirante el a Premio Nobel, teimaba en dicir que Sartre apoiaba a República de Cuba, a Revolución Cultural e outras cantas diferentes revoldainas populares de ultramar. Desas impenitencias libertarias das xentes pequenas que tanto amolan polo mundo adiante. Pois si, señor Vargas, ese é o meu/noso Sartre.

Pasa o tempo e hai xa unha semaniña ou dúas, ao amigo Vargas dálle por se pasear por Caracas na compaña dunha serie de "intelectuais" sinaladores e pezoñentos na procura dun enmerde mediático de certa envergadura contra o cerne revolucionario do país de Bolívar. E si, neste caso volve a ser El País quen publica unhas palabras que cito textuais do prócer Vargas: " en mi estancia en Caracas he oído hablar de cosas tan absurdas como la proiedad social en lugar de la propiedad privada". Iso si, non faltou ao rigor ao dicir que Venezuela non era un país totalitario porque alomenos lle deixaron entrar no país. Cousa que non deixa de ser certa, Venezuela non é un país totalitario, e si, fálase de propiedade social (sen medo).

Seguen a pasar os días, e chega a nova arrepiante dos alomenos 40 mortos nas loitas indíxenas da amazonía peruana. Alan García, lugartenente do imperialismo na zona, aparece nunhas declaracións que se puideron ver en TV3 dicindo: "los indígenas ni siquiera son ciudadanos de primera, y no pueden secuestrar una tierra en contra de 28 millones de peruanos" (sic!). Trátase da tentativa de Alan García de aplicar o tratado de libre comercio asinado entre Perú e os USA.

E é aquí onde chega a fin da miña reflexión, xa iniciada no título deste post. Onde estaba o señor Vargas cando a policía peruana asasinaba a varias decenas de indíxenas? Abriu a boca?

Reestoupe coa dimensión cibernética do seu propio calote, esta personaxe nefasta que é o señor Vargas. A verdade sexa dita.

Amauta Castro
Girona, 08/06/09

Monday, June 01, 2009

HAIKU #3


Haru no umi/ hinemosu notari/ notari kana

Mar de primavera
sempre igual, o día enteiro,
nun manso vai e vén

Buson Yosa (poeta xaponés, 1716-1783)


Un haiku de primavera para non deixar esmorecer os días deste blogue. A sonoridade fermosa do haiku, expresada no morno "notari" (manso) e o sentir primaveral do seu "kigo" (termo estacional) que neste caso se expresa nese "mar de primavera", fan deste haiku un doce acordar para esta primavera que amosa xa as súas quentes raiolas. Especialmente tradicional tamén na súa disposición silábica (5-7-5).
Unha elegante sinxeleza atemporal expresada neste haiku que traspasa xa casasque tres séculos desde que fora escrito.

Prometo ter novas cedo.

Amauta Castro
Girona, 02/06/09

amautacastro@hotmail.com

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis