Palabras de Amauta

Monday, March 26, 2007

...FINS AVIAT, LLACH



Sobtadament, persones com en Llach ens fan passar per la vida amb sentiments honests i veritats alliberadores.


Quan vaig arribar a aquest país jo ja conexia a en Llach. El primer disc d’ell que vaig escoltar va ser Viatge a Itaca comprat de sald en una botiga de discos de vinilo. El Honky Tonky era especial, un d’aquests llocs trets del Soho londinense i que es van transportar cap a Vigo quan el moviment alternatiu encara estava assentant les seves bases a la zona de Romil-Falperra. Potser, tota aquesta colla bohèmia amb reminiscències Manoel-Antonianes poc savia d’en Llach en aquelles latituts. Tant se val, més tard em van arribar els Campanades a morts, i Amb el somriure, la revolta.


A vegades em pregunto que podia trobar fa cinc anys a Lluis Llach. Com autor, una capacitat especial per a la creació poètica i musical. Com a crooner polític, la crítica i el respecte a la seva personalitat pròpia.


Potser, des de’l meu punt de vista polititzat (nacionalista i d’esquerres, com en Llach) Llach s’escapuleix de les tendències colectives. M’explico, és com una mena de ocell que ningú no pot controlar en el seu vol, i això és d’agrair. Algú pensarà que entro en contradicicó amb el meu propi discurs, o almenys amb el discurs d’aquest bloc. No és veritat, sempre he sostingut que el primer pas és l’alliberament personal, traduir els nostres propis sintagmes per transformar les condicions perpétues de la barbarie. És això, desprès els concerts i la revolta.


Fins aviat, company…

Amauta Castro
Girona 25/03/07

CEMITERIO DO LAZIO, XARDÍN BRITÁNICO





La lluvia en el cementerio
se convierte
en una catedral
extraída de la paz

Roberto Sosa
, Mi Padre (escritor hondureño)

Coa tramuntana viñeron as choivas en Roma. No Cemiterio Acatólico de Roma respírase un ar inglés. Nun leve paseo polos cómaros terrizos e as sebes gloriosas deste camposanto pensei no poema que acompaña este texto. Encrequenado fronte á lápida de Keats e Severn sentinme diante dunha parte ínfima do pasado civilizador de Roma. Escoitei o compás do asubío nun loureiro, e as pingas. Daquela, Ada dixo: “se camiñamos poderemos chegar a Gramsci”.

Amauta Castro
Girona, 24/03/07

Friday, March 23, 2007

solidariedade con Cesare Battisti


Tuesday, March 13, 2007

1848: PRERRAFAELISMO E MANIFESTO



A picture is a painted poem and those who deny it have simply no poetry in their nature
Dante Gabriel Rossetti

Supoño que foi daquela un tempo para os mitos. De seguro as cadeas de Prometeo desfacían sen rezos. Unha quenda de obreiros esvaída na néboa batuxaba lacustre nas pucharcas dos cedos. Amencidas de paso e días de restroballo. Sinxelo.


Alguén debuxou a pólvora coa que encetar a verdade.


No quattrocento as magnolias abrollaron rompentes. Se penso, inda alcanzo a enxergar a terríbel grecha. Paixón, victoria para os ilotas.

Amauta Castro
Girona, 13/03/07

Friday, March 09, 2007

10 DE MARZO, 10 DE MARZO




Altos os corazóns igual ca un pobo
en luz de rebeldía e noite acesa,
igual ca un mar colérico abalando.
Altos os corazóns coma bandeiras.

Darío Xohán Cabana, Ferrol: 72: Daniel e Amador

Foto: folga do metal, Vigo 2006

Wednesday, March 07, 2007

MULLER EN DÍA INTERNACIONAL (8 DE MARZO)

Mujer de barro yo, descabezada
guardo y dibujo fertilidad de luceros,
descabellada, quebrada y recocida
de mi amor inicial sembré los frutos
sigo sembrando y pariendo
y recogiendo y regando
en este comal de silencios
aquí volteada a la izquierda
con la piel siempre inmensa
sumergida en el canto de barro

de Rosario Murillo (Nicaragua)

(...)
hasme oir: déixate
que te percibas a ti,
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.

de Xela Arias, Intempériome (Galiza)

Sunday, March 04, 2007

POESIA ON THE ROAD



Preferiches morrer para ver o mar completo
Olga Novo, Amar é unha india

Penso na bondade do transcorrer da vida en fuga. Arthur Cravan, seméllame un exemplo das capacidades que nunca obtiven.


Desvincallado das terras que lle naceran en Lausana, guindouse á vida desde as idades temperás que lle esgazaron do seo da conservación social.


Despois París e a Gran Guerra, Jack Johnson e a Monumental, o Labrador e Terranova, Nova Iorque, México e as súas correntes, as coitas de Mina Loy...


Afeito ás lerias noitébregas, puxo nos seus cotenos esparaveis de loita preparados para os transos vitais que nos ofreceu vitoriosos. Amor a unha existencia, digamos.


Amauta Castro
Girona, 03/03/07

A REVOLTA REQUERIDA



Podo indiferenciar as estruturas
do sistema
e explicar o tránsito que sucede no individuo
cando aplicamos reglamentariamente
os ídolos que conducen da persoa
ao manicomio debido ás tarefas maquinais
e ao espectro perceptual-erróneo que deriva delas

Ou podo accionar a revolta

Amauta Castro
Girona 16/02/07

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis